From Wikipedia, the free encyclopedia
Osorio Gutérrez foi un nobre galego do século X, emparentado cos monarcas do reino de Galiza. Foi o fundador do mosteiro de San Salvador de Lourenzá, onde ingresou como monxe nos últimos anos da súa vida. Nese período de tempo foi considerado un home santo polos seus coetáneos, que lle atribuíron diversas milagres, aínda máis numerosas despois da súa morte. Casou con Urraca Núñez, e tiveron tres fillos.[1]
Biografía | |
---|---|
Morte | c. 31 de agosto de 990 (Gregoriano) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | monxe |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Enaltecemento | |
Familia | |
Fillos | Guterre Ozores de Coimbra (pt) |
Segundo unha xenealoxía lendaria, recollida por Luis de Salazar Castro, descendería dun Don Osorio que loitou canda a Paio de Asturias no ano 714, e neto doutro Osorio Gutiérrez que tras combater na batalla de Clavijo foi nomeado cóengo da catedral de León no ano 844.[2]
A rama familiar Osorio ten un antepasado común co conde Hermenexildo Guterrez. Este antepasado común foi o nobre Gutierre, de orixe condal, activo entre os anos 820 e 860. Gutierre casou con Elvira, coa que tivo tres fillos, dos que descenderon os condes Hermenexildo e Osorio (avó). Este Osorio Gutiérrez tivo dous fillos, Nuno Osóriz e Gutierre Osóriz, e este á súa vez casou coa súa curmá Ildonza Menéndez, filla de Hermenexildo Guterrez. Tiveron oito fillos, un dos cales foi Osorio Gutiérrez, como o seu avó[3]. Este Osorio Gutiérrez casou con Urraca Núñez e tiveron tres fillos: Gutierre, Ordoño Osóriz e Urraca Osóriz.
Combateu na Reconquista, como na batalla de Simancas no ano 939 contra as tropas de Abderramán III. Trala morte do seu pai e do seu tío Nuño Osóriz sen descendencia, herdou os bens familiares, entre eles posesións na zona de Mondoñedo. Regresou a Galiza desde Tierra de Campos. Xa no ano 942 aparece como Conde de Vilanova de Lourenzá, título que mantivo ata a súa morte.[4]
Dedicou gran parte da súa fortuna ao dote de varios mosteiros, e ampliou o cenobio de Lourenzá. Tras quedar viúvo entrou como monxe seguindo a regra de San Bieito neste mosteiro, que rexeu o abade Munio entre os anos 969 e 1015. Peregrinou a Terra Santa e pasou case un ano como eremita preto do Santo Sepulcro. Morreu ao pouco de regresar.
Segundo a lenda, o seu sartego foi mercado por el en Terra Santa, e chegou flotando por mar, nunha lenda similar á da chegada de Santiago o Maior á costa galega. En realidade é unha peza de mármore do século XI, entre xaspe branco e cárdeno con vetas azuis. Ten un crismón labrado no centro do frontal e unha cenefa de ondas arredor.[5] Está sostido sobre dúas columnas e atópase na capela de Valdeflores na igrexa do mosteiro.[6]
Trala súa morte foi venerado como santo, e facíanse peregrinacións ata o seu sepulcro. Co tempo pasou a celebrarse unha romaría o último domingo de agosto. Atribuíronselle numerosas milagres, entre elas a resurrección de polo menos catro mortos e a curación de enfermos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.