Oído
From Wikipedia, the free encyclopedia
O oído ou ouvido (do verbo latino audire 'oír'[1]) é un conxunto de órganos cuxas funcións principais son dotar de equilibrio e audición ao corpo dos humanos ou animais. Dentro do estudo do medicina denomínase tamén órgano vestibulococlear.
É un órgano que se atopa moi desenvolvido, principalmente en mamíferos terrestres e acuáticos, tal é o caso dos félidos e os grandes cetáceos onde, grazas á súa evolución fisioanatómica, hiperdesenvolvéronse mecanorreceptocitos especializados en destacar o sentido de equilibrio e audición en perfecta harmonía. No caso do ser humano esta evolución non está tan desenvolvida.
En conxunto o estudo histoanatómico do oído divídese en tres partes, oído externo, oído medio e oído interno.