Partido Popular de Galicia
organización galega do Partido Popular From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Partido Popular de Galicia (PPdeG) é a rama galega do Partido Popular español. Após as eleccións municipais de 2019 conta con 1632 concelleiros. Pertencen ó partido 10 dos 23 deputados galegos no Congreso dos Deputados. Tralas eleccións ao Parlamento galego de 2024, ten a maioría absoluta no Parlamento de Galicia, con 42 dos 75 escanos.
Remove ads
Ideoloxía

O Partido Popular de Galicia é o único partido de dereitas representado no hemiciclo do parlamento galego. Historicamente ten sido de corte conservador e liberal. Cobre, así mesmo, un espectro certamente amplo, que vai dende o autoproclamado rexionalismo[1] até o nacionalismo español[2]. Por outra banda, o Partido Popular de Galicia actual prefire presentarse ante a sociedade coma un partido cun pasado democrático caracterizado por un talante reformista, de centro[3] e con raíces cristiás[4].
Evolución histórica da ideoloxía do PPdeG
Antecedentes ideolóxicos no ámbito estatal

O antecedente máis próximo atópase na desaparecida Alianza Popular, que fora, tras a ditadura franquista, o brazo máis potente estreitamente ligado ao goberno de Franco que entrou a formar parte da nacente democracia. Non en van, foi unha federación de partidos liderados na súa maioría por exministros franquistas: Reforma Democrática (Manuel Fraga Iribarne), Acción Rexional (Laureano López Rodó), Acción Democrática Española (Federico Silva Muñóz), Democracia Social (Licinio de la Fuente y de la Fuente), Unión del Pueblo Español (Cruz Martínez Esteruelas), Unión Social Popular (Enrique Thomas de Carranza), Unión Nacional Española (Gonzalo Fernández de la Mora) e outros. Daquela, a organización autonómica da federación non existía como tal. Xa que logo, non é posíbel falar dunha agrupación propiamente galega. Non obstante, si houbo un referente galego no partido, que foi Manuel Fraga, quen foi nomeado o seu primeiro secretario xeral. Alianza Popular declarábase como de dereita conservadora e católica cristiá. Herrero Rodríguez de Miñón comeza daquela a falar da tendencia liberal-conservadurista do seu partido[5].
Ideoloxía do PPdeG na actualidade
Dentro das filas do propio partido popular existe unha corrente que defende o carácter galeguista do partido. Personalidades de referencia adheridas a esta tendencia son ou foron Xosé Cuíña[6], Xesús Palmou[7] ou o propio presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo[8], quen se autoproclama como tal, se ben en troques e sobre todo tras acadar a presidencia da Xunta, é acusado de galegofobia polos seus adversarios políticos[Cómpre referencia] e mais por diversas plataformas cívicas a prol da cultura e lingua galegas,[Cómpre referencia] e mesmo unha parte dos militantes do seu partido lle reclaman unha volta ás orixes galeguistas ou cando menos un respecto polas políticas en prol da lingua galega, como se pode apreciar en declaracións de Xosé Luís Baltar, Rafael Cuíña ou Xosé Manuel Barreiro[9], destacadas figuras do PPdeG. Así mesmo existe unha outra posición moito máis homoxénea cando se trata de falar do partido como dunha organización de corte social e económico de centro-dereita. Así o defenden a meirande parte dos seus militantes, comezando polo expresidente estatal Mariano Rajoy[10] ou o expresidente do goberno español José María Aznar[11]. Non obstante, estes postulados, ao ollar dos grupos de esquerda, centro-esquerda, e mesmo centro-dereita nacionalista, chocan decote con algunhas posturas tanto de ámbito estatal[12][13][14] como europeo[15] do Partido Popular.
Remove ads
Resultados electorais
Eleccións ao Parlamento de Galicia
Evolución do número de escanos dende 1981

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads