músico cubano From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Milanés Arias, nado o 24 de febreiro de 1943 en Bayamo e finado en Madrid o 22 de novembro de 2022, foi un cantautor e guitarrista cubano. Foi un dos fundadores da nova trova cubana, xunto con Silvio Rodríguez e Noel Nicola, e un dos cantantes máis importantes en lingua española do último cuarto do século XX.
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Pablo Paulo Milanés Arias 24 de febreiro de 1943 Bayamo, Cuba |
Morte | 22 de novembro de 2022 (79 anos) Madrid, España |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Las Rozas de Madrid |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid |
País de nacionalidade | Cuba |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , guitarrista , cantante , poeta |
Período de actividade | 1956 - 2022 |
Membro de | |
Movemento | Nova Trova Cubana (pt) |
Lingua | Lingua castelá |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Wrasse Records (en) |
Premios
| |
Páxina web | milanespablo.com |
Pablo Milanés, coñecido como Pablito, trasladouse coa súa familia de Bayamo á Habana en 1950. Estudou no Conservatorio Municipal da Habana, daquela a escola musical máis prestixiosa do país. A súa primeira actuación pública foi en 1956.[1] Aos 15 anos, estaba activo nos círculos musicais "bohemios" da Habana, asociado cos chamados músicos "filin".
Aínda que apoiou a Revolución Cubana, en 1965 foi enviado ao campo de traballos forzados agrícolas da UMAP en Camagüey.[2] En 1967, escapou e fuxiu á Habana para denunciar a inxustiza do campo de traballo.[2] Isto provocou o seu encarceramento, primeiro durante dous meses en La Cabaña, unha fortaleza do século XVIII na Habana, e despois durante un tempo nun campo de prisioneiros.[2] Foi liberado cando o campo de prisioneiros foi pechado debido á presión internacional.[2]
En 1969, pasou a formar parte do Grupo de Experimentación Sonora, un grupo seminal de músicos novos, moitos dos cales se converteron en membros fundadores da nueva trova, que comezou como movemento cun concerto de Milanés, Silvio Rodríguez e Noel Nicola o 18 de febreiro de 1968. Ata finais da década de 1980, a nueva trova foi o estilo musical non oficial da Revolución Cubana.
Desde a súa primeira gravación ("Versos sencillos de José Martí" en 1973),[1] publicou máis de 40 discos en solitario, e moitos máis en colaboración con outros artistas de Cuba, doutros lugares de América Latina e España. O seu primeiro disco con cancións orixinais (o homónimo Pablo Milanés) non foi publicado ata 1976.[1] O auxe da súa creatividade tivo lugar a principios dos anos 80, cos seus discos El guerrero, Yo me quedo e Comienzo y final de una verde mañana.
No contexto da nueva trova, Milanés foi considerado como un dos máis próximos ás raíces tradicionais da música cubana, á vez que estaba aberto a diversas influencias musicais doutras tradicións contemporáneas, como a música brasileira e o blues. O abano das súas composicións estendíase desde himnos estritamente políticos ata inspiradas cancións de amor. Musicou os poemas de escritores cubanos como José Martí ou Nicolás Guillén. Algunhas das súas influencias musicais máis importantes foron María Teresa Vera, Lorenzo Hierrezuelo, Barbarito Diez, Benny Moré, Lucho Gatica e Johann Sebastian Bach.
Desde que se mudou a España, Milanés criticou publicamente algúns aspectos do goberno cubano, aínda que seguiu adepto á Revolución Cubana. A súa disposición a falar abertamente dos fracasos da revolución tensou as súas relacións con Silvio Rodríguez[3] e ao final da súa vida deixou de participar en campañas a prol do goberno.[4][5]
Pablo Milanés casou cinco veces. A primeira con Olga Ayoub (1961-1969), coa que non tivo fillos. A segunda foi Yolanda Benet (1969-1973), coa que tivo tres fillas (unha delas finada en vida de Milanés). A ela foille dedicada a canción Yolanda.
A terceira muller foi Zoe Álvarez (1978), coa que tivo un fillo; e a cuarta, Sandra (1990-2002),[Cómpre referencia] coa que tamén tivo un fillo. Finalmente casou coa historiadora de Mazaricos, Nancy Pérez, que foi a muller coa que máis tempo estivo de relación (dezaoito anos, entre 2004 e o seu falecemento) e coa que tivo dous nenos, un rapaz e unha rapaza.[6] En 2014 Pablo Milanés someteuse a un transplante de ril, que lle fora doado por Nancy Pérez.[7]
Finou como consecuencia dun proceso canceríxeno.[8]
A súa música, orixinaria na Trova, Son e outros estilos tradicionais da música cubana de comezos do século XX, apartouno do estilo de Silvio Rodríguez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.