arquiveiro e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Pablo Pérez Costanti Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 2 de decembro de 1857 e finado na mesma cidade o 19 de setembro de 1938, foi un arquiveiro e escritor galego.
retrato en Vida Gallega, 1910 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1857 Santiago de Compostela, España |
Morte | 19 de setembro de 1938 (80 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , autor , arquiveiro |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Foi arquiveiro municipal de Santiago de Compostela dende 1885 e traballou nos arquivos da mitra, catedralicio e no de protocolos. Fundou o periódico El Organillo (1883) e colaborou no Boletín de la Real Academia Gallega, El Eco de Santiago, Galicia Diplomática, La Patria Gallega e Revista Gallega. Participou na Liga Rexional Galega (1898) e foi o seu membro correspondente en Santiago de Compostela. En 1923 dirixiu a investigación documental para a sección de arte barroca do Seminario de Estudos Galegos. Pertenceu á Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e foi académico fundador da Real Academia Galega e correspondente da Real Academia de la Historia e Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.