cover image

Palabra

From Wikipedia, the free encyclopedia

Unha palabra é cada unha das unidades da cadea escrita, que se escriben separadamente (salvo nos casos en que se usa apóstrofo ou guión), é dicir é a unidade formada por un ou varios fonemas, illable e dotada de significado.

A Casa das Palabras na Coruña.

En moitos idiomas, a noción do que constitúe unha "palabra" pódese entenderse principalmente como parte da aprendizaxe do sistema de escritura.[1] É o caso da lingua inglesa e da maioría das linguas escritas con alfabetos derivados dos antigos alfabetos latinos ou gregos.

Non existe consenso entre os lingüistas sobre a definición axeitada de "palabra" nunha lingua falada que é independente do seu sistema de escritura, nin sobre a distinción precisa entre ela e "morfema".[1] Este tema é especialmente debatido para o chinés e outras linguas do leste asiático,[2] e pode ser discutible para as linguas afroasiáticas.

A ciencia que estuda a composición e estrutura interna das palabras é a morfoloxía.

As palabras poden clasificarse segundo a clase sintáctica (categoría gramatical), segundo a súa acentuación ou segundo o seu número de sílabas.