Palmitoíl-CoA
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O palmitoíl-CoA (palmitoíl coencima A ou palmitoíl coenzima A) é un tioéster acilo graxo-CoA. É a forma activada do ácido palmítico, na que este está unido ao coencima A. En forma de palmitoíl-CoA o ácido palmítico pode ser transportado á matriz das mitocondrias polo sistema de lanzadeira da carnitina (que transporta moléculas de acilo graxo-CoA ás mitocondrias), e unha vez dentro participa na β-oxidation. Ademais, o palmitoíl-CoA utilízase como substrato na biosíntese da esfingosina (a cal non require a súa transferencia previa ás mitocondrias).[1][2] Tamén é unha molécula intermediaria na síntese de moitos ácidos graxos.
Palmitoíl-CoA | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 1763-10-6 |
PubChem | 644109 |
ChemSpider | 559149 |
KEGG | C00154 |
MeSH | Palmitoyl+Coenzyme+A |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C37H66N7O17P3S |
Masa molecular | 1004,94 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |