Paquistán
país de Asia / From Wikipedia, the free encyclopedia
پاکستان (ur) پاکستان (pa) پاڪستان (sd) پاکستان (ps) Pakistan (en) پاکستان (mis) پاکستان (brh) Pákistán (brh) پاکستان (mis) پاکِستان (ks) | |||||
Himno | Qaumī Tarāna (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Iman, Ittihad, Nazm (en) » | ||||
Nomeado en referencia a | Ikhlas (en) , Punjab, Khyber Pakhtunkhwa (pt) , Caxemira Livre (pt) , Sind e Baluchistán | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Islamabad | ||||
Contén a división administrativa | Baluchistán Caxemira Livre (pt) Gilgit-Baltistão (pt) Khyber Pakhtunkhwa (pt) Punjab Sind Território da Capital Islamabad (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 223.773.700 (2021) (253,74 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Lingua urdú (língua nacional (pt) ) | ||||
Relixión | Islam | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 881.913 km² | ||||
Punto máis alto | K2 (8.610) | ||||
Punto máis baixo | Mar Arábigo (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 14 de agosto de 1947 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal República parlamentaria | ||||
• Presidente | Arif Alvi (pt) (2018–) | ||||
Órgano executivo | Government of Pakistan (en) | ||||
• Primeiro ministro | Shehbaz Sharif (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento do Paquistão (pt) , | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 348.262.544.719 $ (2021) | ||||
Moeda | Rupia do Paquistão (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .pk | ||||
Prefixo telefónico | +92 | ||||
Teléfono de emerxencia | 1122 (en) , 15 (en) e 16 (en) | ||||
Código de país | PK | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | pakistan.gov.pk |
Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Paquistán[1] (en urdú پاکستان), e oficialmente República Islámica de Paquistán (en urdú اسلامی جمہوریۂ پاكستان), é un estado de Asia Meridional. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. Está separado de Taxiquistán polo territorio afgán do Corredor de Wakhan.
O territorio do moderno Paquistán foi o fogar de varias culturas antigas, incluíndo a neolítica Mehrgarh e a civilización do val do Indo da Idade de Bronce. O territorio tivo varios reinos gobernados por pobos de diferentes crenzas e culturas, como hindús, persas, indogregos, islámicos, turco-mongois, afgáns e sikh. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio Maurya da India, o Imperio Aqueménida persa, Alexandre o Grande, o Califato Omeia árabe, o Imperio Mongol, o Imperio mogol, e Imperio Durrani, o Imperio Sikh e o Imperio Británico. Como resultado do Movemento de Paquistán liderado por Muhammad Ali Jinnah e da loita da India pola independencia, Paquistán acadou a independencia en 1947 como unha nación das rexións da India con maioría musulmá. Inicialmente un dominio, Paquistán adoptou unha nova constitución en 1956, converténdose nunha República Islámica. A guerra civil de 1971 deveu na secesión do leste do país nun novo país, Bangladesh.
Paquistán é unha república parlamentaria federal que consta de catro provincias e catro territorios federais. É un país étnica e lingüisticamente diverso, que tamén posúe unha gran diversidade na súa xeografía e fauna. É unha potencia media e rexional,[2][3] e posúe a sétima maior forza armada do mundo, así como armas nucleares, sendo a única nación do mundo musulmán, e a segunda de Asia Meridional, con esa clase de armas. A súa historia despois da independencia está caracterizada por períodos de goberno militar, inestabilidade política e conflitos coa veciña India. O país enfróntase a problemas como a sobrepoboación, o terrorismo, a pobreza, o analfabetismo e a corrupción. É un membro fundador da Organización da Conferencia Islámica e é membro das Nacións Unidas, da Commonwealth de Nacións, dos Próximos once, da SAARC e da OCE.