Parábola (xeometría)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A parábola (do grego: παραβολή) é unha sección cónica xerada pola intersección dunha superficie cónica de segundo grao (un cono recto) e un plano paralelo a unha liña xeradora do cono, é dicir, paralelo á unha xeratriz deste.[1] Unha parábola tamén pode ser definida como o lugar xeométrico dos puntos que son equidistantes dun punto dado (chamado foco) e dunha recta dada (chamada directriz).
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Parábola.
Aparece en moitos eidos das ciencias aplicadas, debido a que as gráficas das ecuacións cuadráticas son parábolas. Por exemplo, a traxectoria ideal do movemento dos corpos baixo a influencia da gravidade (tiro parabólico).