París-Roubaix 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 116ª edición da París-Roubaix tivo lugar o 8 de abril de 2018 con saída na cidade de Compiègne, nos arredores de París, e chegada na de Roubaix, sobre un percorrido 257 quilómetros. A carreira finalizou como é tradicional no Velódromo de Roubaix. Nesta edición o percorrido contou con 29 tramos de lastra que sumaron un total de 54,5 km.
2017 << París-Roubaix 2018 >> 2019 | |
257 km (54,5 de lastras) | |
---|---|
Gañador | Peter Sagan |
Segundo | Silvan Dillier |
Terceiro | Niki Terpstra |
Este foi o terceiro monumento da tempada e a décimo quinta proba do UCI WorldTour 2018.
Na carreira participaron 175 ciclistas, debido ao recorte de corredores por equipo realizado pola Unión Ciclista Internacional. Un total de 7 por equipo (25 conxuntos).
O campión do mundo de ciclismo en ruta, Peter Sagan foi o vencedor dunha carreira marcada por dous sucesos: o seu fantástico ataque e a morte dun corredor de 23 anos durante o transcurso da carreira[1]. O eslovaco foi o primeiro corredor portador do maillot arco da vella en lograr a vitoria na proba dende que o fixera por última vez o francés Bernard Hinault en 1981[2].