Paraneópteros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os paraneópteros (Paraneoptera) forman unha superorde monofilética de insectos, que inclúe catro ordes: os Psocoptera, Phthiraptera, Thysanoptera e Hemiptera.[1] As pezas bucais dos Paraneoptera reflicten diversos hábitos alimenticios. Os grupos basais son comedores de microbios en superficies, mentres que os grupos máis avanzados aliméntanse de plantas ou fluídos animais.[1] En xeral, caracterízanse polas seguintes características comúns:
- ás xeralmente independentes ;
- o campo xugal posúe unha soa nervadura ;
- as pezas bucais máis habituais son de tipo picador, pero hai outras adaptacións ;
- tarsos das patas con polo menos dous artellos ;
- cercos rudimentarios ou inexistentes ;
- desenvolvemento xeral de tipo paurometábolo, con algún holometábolo.
Máis información Clasificación científica, Ordes ...
Paraneópteros | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Magicicada septendecim, unha cigarra (Hemiptera) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
|
Pechar