Parasitismo
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía e ecoloxía, o parasitismo é unha relación interespecífica en que un organismo (parasito) obtén beneficio doutro, provocándolle un dano paulatino que non lle provoca á vítima a morte inmediata. Tradicionalmente, parasito refírese a un organismo visible a simple vista, ou un macroparasito (como o helminto). Os microparasitos son moito máis pequenos, como os protozoos,[1][2] virus e bacterias.[3] Exemplos de parasitos inclúen plantas como o visgo e a cuscuta, e animais como os ancilostomíases.
Ó contrario que os depredadores, os parasitos polo xeral non matan ó seu anfitrión, son moitos máis pequenos ca el e poden vivir do seu anfitrión durante un período de tempo extenso. Os parasitos presentan un alto grao de especialización, e reprodúcense tan axiña como os seus anfritrións. Exemplos clásicos son os que se producen entre vertebrados e cestodos, trematodos, a especie Plasmodium e pulgas. O parasitoide é unha estratexia da evolución dentro do parasitismo no que o parasito mata o seu anfitrión.[4]