Parlamento escocés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parlamento escocés (en inglés, Scottish Parliament, en gaélico escocés Pàrlamaid na h-Alba e en escocés Scots Pairlament) é o lexislativo unicameral de Escocia. Atópase situado na zona de Holyrood, na cidade de Edimburgo ao remate da Milla real, a principal arteria histórica da capital. Por iso ao parlamento escocés se lle coñece informalmente por Holyrood. Está composto por 129 deputados que se escollen democraticamente cada catro anos por un sistema mixto proporcional e directo, isto é, 73 deputados proceden da elección de 73 circunscricións e 56 repártense proporcionalmente conforme oito rexións distintas.
- Ver artigo principal Eleccións ao Parlamento escocés.
- Para a cámara lexislativa escocesa anterior a 1707, véxase Estados de Escocia
Parlamento Escocés Scottish Parliament Pàrlamaid na h-Alba Scots Pairlament | |
---|---|
V Lexislatura | |
Datos xerais | |
Ámbito | Escocia |
Creación | 1998, mediante a Acta de Escocia |
Tipo | Unicameral |
Liderado | |
Presidente | Ken Macintosh (SNP) desde o 12 de maio de 2016 |
Ministro de Asuntos Parlamentarios | Graeme Day (SNP) desde o 27 de xuño de 2018 |
Líder da Maioría | Nicola Sturgeon (SNP) desde o 20 de novembro de 2014 |
Líder da Oposición | Ruth Davidson (Conservador) desde o 2016 |
Composición | |
Membros | 129 |
Grupos representados | Goberno SNP (61)Oposición Conservadores (30) Laboristas (23) Partido Verde Escocés (5) Liberal Demócratas (5) |
Eleccións | |
Última elección | 5 de maio de 2016 |
Próxima elección | 5 de maio de 2021 |
Sitio web | |
www.parliament.scot |
O primeiro parlamento de Escocia, tamén chamado os Estados de Escocia, foi a cámara lexislativa do Reino de Escocia, e funcionou dende comezos do século XIII ata que a monarquía independente se fusionou co Reino de Inglaterra conforme a Lei da Unión de 1707, para formar o Reino de Gran Bretaña. Como consecuencia, tamén o Parlamento de Escocia se fusionou co Parlamento de Inglaterra para formar o Parlamento de Gran Bretaña, que ten a súa sede en Westminster, en Londres.
Logo do referendo escocés de 1997 onde os escoceses apoiaron amplamente a recuperación da institución lexislativa, o actual parlamento estableceuno a Lei de Escocia de 1998, que lle devolve algunhas capacidades a esta nación. Esta lei define tamén as competencias da cámara sinalando explicitamente aqueles asuntos que lle corresponden unicamente xestionalos a Westminster, entre os que se atopan a lei que rexe esta cámara así como a capacidade para aumentarlle ou reducirlle competencias. A primeira sesión do novo parlamento tivo lugar o 12 de maio de 1999.
O seu presidente actual (en funcións) é George Reid, que renunciou voluntariamente a súa militancia nacionalista para poder desempeñar mellor o seu cargo de presidente.