doenza contaxiosa From Wikipedia, the free encyclopedia
A parotidite epidémica é unha doenza contaxiosa que pode ser aguda ou crónica, localizada fundamentalmente nunha ou ambas as glándulas parótidas, que son glándulas salivares maiores situadas detrás das pólas ascendentes da mandíbula. Provócaa o virus dos Paramyxoviridae, que causa unha enfermidade considerada tradicionalmente de nenos e adolescentes, aínda que pode tamén causar infeccións en adultos sensibles.[1] Polo xeral, a enfermidade produce inmunidade para sempre, polo que pode ser previda pola administración dunha vacina, a vacina tripla vírica (SPR). Recibe popularmente diversos nomes como cochechas, orellóns, papeiras ou pezorellos[2].
Parotidite epidémica | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Neno con parotidite | |
ICD-10 | B26 |
ICD-9 | 072 |
DiseasesDB | 8449 |
MedlinePlus | 001557 |
eMedicine | emerg/391 ped/1503 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A parotidite pode afectar diferentes glándulas do corpo, o sistema nervioso central e os testículos. As complicacións máis frecuentes son a meninxite e a inflamación testicular que pode levar á infertilidade. O tratamento consiste no alivio dos síntomas.
Na obra Epidemias, de Hipócrates, escrita aproximadamente entre os anos 475 e 466 a. C., descríbese unha epidemia de parotidite ocorrida na illa de Tasos.[3][4][5]
É unha doenza viral poliglandular, común na infancia, pero non exenta de presentarse na idade adulta, nese caso caracterízase por producir inflamación das glándulas parótidas (principalmente, aínda que afecta outras glándulas do corpo).[6] Antes da introdución da vacinación universal, a parotidite era unha enfermidade que unha vez foi endémica en todo o mundo, afectaba á maioría dos nenos entre 2 e 15 anos de vida, con aproximadamente un 90% de adultos novos cunha seroloxía positiva.[7] Dende a introdución da vacina, a incidencia diminuíu bruscamente con só ocasionais gromos da enfermidade en Latinoamérica. No presente, a súa incidencia aumenta a finais do inverno e durante a primavera en climas tépedos, en particular entre institucións de acollida colectiva de nenos, como as gardarías. Cun período de incubación de 14-21 días, sendo máis contaxiosa uns 4 días antes da inflamación visible das parótidas. Transmítese por contacto con pingas de saliva no aire procedentes dun individuo infectado e, en menor medida, a infección pode propagarse a través dos ouriños.
A vacinación eliminou practicamente as formas da infancia e, paradoxalmente, aumentou o número de casos en adultos novos que a miúdo reciben a vacinación de maneira incompleta (sen a dose de recordo), pero ás veces por administración incorrecta.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.