Parque Juan Carlos I
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Juan Carlos I é un parque público situado ao nordés de Madrid, no barrio de Corralejos, distrito de Barajas. Esténdese por unha área de 160 hectáreas, que o converten no segundo parque máis grande da capital española, por diante do Parque do Retiro (118 ha) e só superado polo parque periurbano da Casa de Campo. Conta cun lago, un auditorio ao aire libre e numerosas esculturas abstractas.
Inaugurouse en 1992. Os autores son os arquitectos José Luis Esteban Penelas e Emilio Esteras Martín.[1]