Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.
Datos rápidos Pireneos - Monte Perdido, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Pireneos - Monte Perdido | |
---|---|
Vista do Monte Perdido | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | España e Francia |
Localización | 42°40′26″N 0°02′00″L |
Tipo | Mixto |
Criterios | III, IV, V, VII, VIII |
Inscrición | 1997 (21ª sesión, ext 1999) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 773 |
Pechar
O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.