Parque Nacional do Arquipélago de Cabrera
parque nacional en España / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Parque Nacional Marítimo - Terrestre del Arquipélago de Cabrera é un conxunto de illotes españois pertencente ao arquipélago balear que foi declarado Parque Nacional Marítimo Terrestre o 29 de abril de 1991 mediante a Lei 14/1991.[1]
Ten un gran valor natural, xa que, debido ao seu illamento ao longo da historia, chegou ata os nosos días practicamente inalterado: a paisaxe litoral de Cabrera pódese considerar un dos mellor conservados das costas españolas, e un dos mellores de todo o Mediterráneo. Acubilla así mesmo importantes colonias de aves mariñas e especies endémicas.
O parque é tamén é zona especial de conservación (ZEC) e, debido á súa riqueza biótica e á abundancia e variedade de aves, unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), co cal está integrado na Rede Natura 2000.[2] Ten tamén a categoría de Zona especialmente protexida de importancia para o Mediterráneo (ZEPIM) do protocolo de áreas mariñas protexidas do Convenio de Barcelona para a protección do mar Mediterráneo.