Partenón
templo grego en Atenas / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Partenón (en grego: Παρθενων) é a construción máis famosa da Grecia antiga que permaneceu até hoxe en día. A súa edificación foi unha homenaxe á deusa Atenea, patroa da cidade de Atenas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2021.) |
Partenón | |
---|---|
Vista xeral do Partenón | |
Presentación | |
Nome local | Παρθενων |
Localización | Atenas, Grecia |
Dirección | Acrópole de Atenas |
Estrutura | pedra |
Estilo | Arquitectura clásica |
Tipo | Templo grego |
Propietario | Goberno de Grecia |
Declaración | Patrimonio da Humanidade |
Construción | |
Inicio | 447—438 a.C. |
Remate | 432 a.C. |
Destruído | Parcialmente o 26 de setembro de 1687 |
Dimensións | |
Altura | 13´72 m. |
Superficie | Exterior: 69,5 × 30,9 m |
Altura máxima | (altura en antena) |
Altura da azotea | (altura en azotea) |
Altura da última planta | (altura en piso máis alto) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Ictino e Calícrates |
Escultor | Fidias |
É o máis admirado dos templos gregos e o maior de todo o mundo helénico. Construíuse na Acrópole de Atenas en substitución do que fora destruído no saqueo persa entre o 447 e 438 a.C., por Ictino e Calícrates. Á parte da escultura, executada por Fidias e mailos seus discípulos, levou máis de sete anos en concluír. O templo está feito de mármore do Pentélico, agás os alicerces, e realizouse en estilo dórico (aínda que o friso interior e máis algúns pequenos detalles sexan xónicos). O perístilo ten 17 columnas de cada lado e 8 nos extremos ( dúas máis do que se adoitaba naquel tempo). Na cella atopábase a famosa estatua de Athena Parthenos, de Fidias. As 92 métopas do friso exterior representan a loita dos Centauros cos Lapitas, a Xigantomaquia, a Amazonomaquia e outros combates; o pedimento do lado nacente, o nacemento de Atenea, e o do lado poñente, a loita entre a deusa e Poseidón pola pose da cidade; o friso exterior, a procesión das Panateneas, cos deuses a observala. O edificio, en que foron aplicados todos os requintes da éntase, mantívose case intacto até 1687, data en que unha explosión de pólvora gardada nel, durante a guerra entre turcos e venecianos, destruíu a cobertura. O pedimento e as métopas foron apropiados por Lord Elgin e vendidos ao Museo Británico, en 1816; outras foron para o Museo do Louvre, conservándose algunhas in loco.
Desde 1975, leváronse a cabo numerosos proxectos de restauración a grande escala para preservar os artefactos restantes e garantir a súa integridade estrutural.[1][2]