Partícula subatómica
partícula máis pequena que un átomo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha partícula subatómica é unha partícula máis pequena que un átomo; pode ser elemental ou composta. A física de partículas e a física nuclear interésanse polo estudo destas partículas, as súas interaccións e a materia constituída por elas que non se agregan en átomos.
Estas partículas inclúen constituíntes atómicos como electróns, protóns e neutróns. Os protóns e neutróns son partículas compostas, xa que están constituídas por quarks. Un protón consiste en dous quarks de arriba e un quark de abaixo Os quarks mantéñense unidos mediante partículas chamadas gluóns. Existen seis tipos diferentes de quarks, que teñen os estraños nomes de quark de arriba, quark de abaixo, quark estraño, quark encantado, quark do fondo e quark superior.
Outras partículas inclúen os fotóns e neutrinos, que se producen abondosamente no sol. Porén, a maioría das partículas descubertas e estudadas non se atopan en condicións normais na terra. Prodúcense nos raios cósmicos e durante procesos de separación en aceleradores de partículas. Existen ducias doutras partículas subatómicas.