From Wikipedia, the free encyclopedia
Paulo (o) Diácono (en latín: Paulus Diaconus), nado en Cividale del Friuli cara ao 720 e finado na abadía de Monte Cassino o 13 de abril de 800, foi un erudito de orixe longobarda do século VIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 720 Cividale del Friuli (pt) |
Morte | c. 799 (78/79 anos) Abadía de Montecassino |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino longobardo |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | historiador , monxe cristiano , poeta , escritor |
Período de actividade | (Con vida en: século VIII ) |
Alumnos | Hilderich of Montecassino (en) |
Lingua | Latín medieval e lingua italiana |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Obra | |
Obras destacables
| |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Naceu co nome de Warnefred na capital do Ducado de Friúl. A súa familia pertencía á vella nobreza longobarda, descendente dun tal Leupegis (ou Leupechi en italiano), que viviu no tempo do rei Alboíno.
Probabelmente formado en Pavia, capital longobarda, no reinado do rei Ratchis, permanece na corte real baixo os reis Aistolfo e Desiderio.
A partir de 782, participa no «Renacemento carolinxio» ao pasar cinco anos na corte de Carlomagno e despois volve a Italia onde empeza a escritura da súa Historia Langobardorum (en galego, Historia dos longobardos), unha historia do pobo longobardo que vai desde as orixes ao ano 744 (morte do rei Liutprando) e redactada de 787 a 789. Algúns atribúenlle a composición da oración Ave Maris Stella.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paulo Diácono |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.