Pazo de Sensat
pazo en Alcabre, Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O pazo de Sensat é un pazo situado na Avenida da Atlántida, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo á beira da praia de Carril. O edificio actual data dos anos 40 do século XX, aínda que unha parte data de comezos do século XIX, e onde houbo un pazo anterior do que practicamente non se conservan restos. No entanto, o edificio actual aínda mantén elementos característicos dos pazos galegos, supondo o seu maior atractivo, a colección de 101 brasóns heráldicos espallados polos xardíns e muros ameados, a maior escolma de escudos nobiliarios existente en Galiza. Á beira do pazo está a nova igrexa de Santa Baia, finalizada no ano 1999. O pazo, malia ser relativamente novo, constitúe arquitectonicamente, unha obra senlleira[1].
Pazo de Sensat | |
---|---|
Concello | Alcabre, Vigo |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade | Galicia |
Coordenadas | 42°13′21″N 8°45′47″O |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | (século XIX, aínda que houbo un edificio anterior non conservado) |
Estilo actual | (século XX remodelado para uso hostaleiro) |
Estado actual | en bo estado |
Véxase tamén | |
Pazos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dende o ano 2005 o edificio acolle un hotel de cinco estrelas que leva o nome de Pazo Los Escudos.[2] O establecemento consta de 54 cuartos distribuídos en tres edificios, un deles o antigo pazo de principios do século XIX[3].