Pedro de Mendoza
From Wikipedia, the free encyclopedia
Pedro de Mendoza ou ben Pedro de Mendoza y Luján (Guadix, Granada, ca. 1499 – océano Atlántico preto das illas Canarias, 23 de xuño de 1537) foi un militar de familia nobre, cabaleiro da Orde de Alcántara, desde 1524, almirante[1] e conquistador español, nomeado polo emperador Carlos V como o primeiro adiantado do Río da Prata e como Gobernador de Nova Andalucía,[2] cuxo territorio comprendía desde o paralelo 25° 31' 26" S –límite sur da Gobernación de Nova Toledo que foi concedida a Diego de Almagro– ao norte, ata o paralelo 35º S –límite norte da gobernación de Nova León que foi concedida a Simón de Alcazaba y Sotomayor– ao sur.
Unha vez en América do Sur alcanzou a marxe occidental do río Solís, da Prata ou Paraná, sen cumprir os trámites que implican a "fundación" dunha cidade, estableceu un forte considerado a primixenia urbe riopratense-paraguaia, aínda que Caboto fixera o mesmo augas arriba case dez anos antes en Sancti Spíritus, outro asentamento que tivo unha curta vida, aproximadamente no mesmo lugar onde máis tarde Juan de Garay, en 1580, fundaría a "Cidade da Trindade", razón pola cal foi tradicionalmente coñecida como a cidade de Bos Aires. Este poboado orixinal establecido o 3 de febreiro de 1536 atoparía inconvenientes vitais desde o principio e remataría de extinguirse en cinco anos.
Monumento a Pedro de Mendoza en Bos Aires, Arxentina | |
Nome orixinal | Pedro de Mendoza y Luján |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | ca. 1499 Guadix, Granada |
Morte | 23 de xuño de 1537 océano Atlántico preto das illas Canarias |
Causa da morte | Morte natural (Sífilis) |
Lugar de sepultura | No mar |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Católica |
Actividade | |
Ocupación | Conquistador, descubridor |
Lingua | Lingua castelá |