![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Pementos_de_Padron.jpg/640px-Pementos_de_Padron.jpg&w=640&q=50)
Pemento de Padrón
variedade de pemento / From Wikipedia, the free encyclopedia
O denominado Pemento de Padrón ou de Herbón é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) categorizada como Indicación Xeográfica Protexida con denominación de orixe, orixinaria do concello coruñés de Padrón. O nome de Herbón vén do topónimo da parroquia padronense onde esta variedade foi introducida polos monxes franciscanos, procedente das Américas.[1] Trátase dun pemento de pequenas dimensións que ten, como particularidade gastronómica, ademais do seu intenso sabor, o feito de que algúns exemplares resulten particularmente picantes (aproximadamente entre un 10% -ou menos, como se explica embaixo- e un 25 %).[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/54/Pementos_de_Padron.jpg/640px-Pementos_de_Padron.jpg)