![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Bahia_de_Cartagena_de_Indias.svg/langgl-640px-Bahia_de_Cartagena_de_Indias.svg.png&w=640&q=50)
Península de Barú
From Wikipedia, the free encyclopedia
A península de Barú, ás veces denominada Illa de Barú, é unha zona costeira situada ó sur e a 45 minutos en lancha de Cartaxena de Indias, Colombia.[1] É famosa polas súas praias brancas e auga turquesa. Está separada do territorio pola Canle do Dique. Até 2014, a única forma de cruzalo era en balsa. Foi nese ano cando se inaugurou a chamada "Ponte de Barú".
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Bahia_de_Cartagena_de_Indias.svg/640px-Bahia_de_Cartagena_de_Indias.svg.png)
Hoxe en día é un lugar de grande auxe turístico. A maioría das praias son privadas, propiedade de particulares ou empresas turísticas, agás Praia Branca que é a única praia pública.
Nas augas de mar que están en fronte de Barú combateuse a batalla de Barú en 1708, durante a cal se afundiu o galeón San José.[2]