Período orbital
From Wikipedia, the free encyclopedia
O período orbital (tamén chamado período de revolución orbital) e o tempo que tarda un planeta, un satélite, ou outro obxecto orbitante en completar a súa órbita.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
Cando se fala de obxectos orbitantes arredor do Sol existen dous tipos de períodos orbitais:
- O período sideral é a medida do tempo que tarda o obxecto en completar unha volta arredor do Sol, tomando como punto de referencia unha estrela fixa. Considerase como o auténtico período orbital do obxecto, sendo o que ollaría un observador inmóbil que non orbitara arredor do sol.
- O período sinódico é a medida do tempo que tarda o obxecto en volver aparecer no mesmo punto do ceo respecto do Sol, cando se observa dende a Terra. Este período ten en conta que a Terra, lugar dende onde se observa o obxecto, tamén orbita arredor do Sol. E, polo tanto, o tempo que transcorre entre dúas conxuncións sucesivas co Sol, sendo así mesmo o período orbital aparente.
O período sideral e o sinódico difiren dado que a Tierra, á súa vez, da voltas arredor do Sol.