Perda de peso
From Wikipedia, the free encyclopedia
Adelgazamento ou perda de peso, no contexto da medicina, saúde ou fitness, é unha redución da masa corporal dun individuo ou animal, por razón dunha perda media de líquidos, graxa ou de tecidos como o músculo, tendón ou tecido conxuntivo. O adelgazamento pode ser xeneralizado, é dicir, afectando a todo o organismo, ou ben localizado como no caso dunha atrofia muscular por inmovilización.[1] Entrada a terceira idade, o corpo tende a perder de 1 a 2 kg de peso cada década.[2]