Persoa xurídica
suxeito de dereitos e obrigas como institución / From Wikipedia, the free encyclopedia
Nunha clasificación dentro do concepto xurídico de persoa, xunto ás persoas físicas existen tamén as persoas xurídicas. Son entidades ás que o dereito atribúe e recoñece unha personalidade xurídica propia e, en consecuencia, capacidade para actuar como suxeitos de dereito para a realización de determinadas fins colectivas: capacidade para adquirir e posuír bens de tódalas clases, para contraer obrigacións e exercitar accións xudiciais.