Bispo e teólogo dinamarqués From Wikipedia, the free encyclopedia
Peter Christian Kierkegaard, nado o 6 de xullo do 1805 e finado o 24 de febreiro do 1888, foi un pensador, político e teólogo dinamarqués, bispo da Diocese de Aalborg entre 1857 e 1875. Un dos seus irmáns máis novos foi o filósofo Søren Kierkegaard.[1]
Nome orixinal | Peter Christian Kierkegaard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de xullo de 1805 Aalborg |
Morte | 24 de febreiro de 1888 Aalborg |
Lugar de sepultura | Almen Kirkegård (en) |
Kultus Minister of Denmark (en) | |
4 de setembro de 1867 – 6 de marzo de 1868 ← Theodor Rosenørn-Teilmann (en) – Christen Andreas Fonnesbech (pt) → | |
Bispo | |
1856 – 1875 ← Severin Claudius Wilken Bindesbøll (en) – Peter Engel Lind (en) → Diocese: Diocese of Aalborg (en) | |
Datos persoais | |
Residencia | Aalborg |
País de nacionalidade | Dinamarquesa |
Relixión | Protestantismo |
Educación | Universidade de Copenhague |
Actividade | |
Ocupación | Bispo, filósofo, teólogo |
Período de actividade | Século XIX |
Xénero artístico | Filosofía, teoloxía |
Movemento | Teoloxía protestante |
Lingua | Danés |
Familia | |
Cónxuxe | Elise Marie Boisen (1836-1837) Sophie Henriette Glahn (1841-1881) |
Fillos | Pascal Poul Egede Kierkegaard |
Pais | Michael Pedersen Kierkegaard e Ane Sørensdatter Lund (en) |
Irmáns | Søren Kierkegaard |
Naceu en Aalborg, ao norte de Dinamarca.[1] Foi fillo de Michael Pedersen Kierkegaard (1756-1838), un rico produtor de la e especulador inmobiliario, e a súa segunda esposa, Ane Sørensdatter Lund (1768-1834).[1] En total eran sete irmáns, incluído o célebre teólogo e filósofo Søren Kierkegaard (1813-1855).[1][2][3] No ano 1822 graduouse pola Universidade de Copenhague, e no 1826 converteuse en Candidatus theologiæ (cand. theol.).[1] No 1829 defendeu a súa disertación na Universidade de Gotinga.[1] Posteriormente, faría unha viaxe de estudos polas cidades de Bonn, Utrecht, Lovaina e París.[1] Tras o seu retorno a Dinamarca, traballou como profesor de linguas clásicas no Borgerdydskolen de Copenhague.[1]
No 1833, foi nomeado párroco en Vejerslev-Blidstrup, no municipio de Mørso.[1] A partir do 1842, foi párroco de Pedersborg e Kindertofte, en Sorø.[1] No 1856, acadou o rango de bispo da Diocese de Aalborg.[1]
Como teólogo da Igrexa de Dinamarca, criticou os traballos do seu irmán en numerosas ocasións, en especial durante os sínodos de Roskilde en 1849 e 1855.[2][3] Porén, pronunciou un panexírico durante o enterramento deste na Igrexa da Nosa Señora de Copenhague.[2]
En decembro do 1849, foi elixido membro do Landsting, o parlamento dinamarqués.[1] Entre o 4 de setembro de 1867 e o 6 de marzo de 1868 serviu como Kultus Minister do país, baixo a presidencia de Krag-Juel-Vind-Frijs.[1]
Peter Christian Kierkegaard faleceu en Aalborg no 1888, e foi soterrado no cemiterio xeral da cidade.[1] Tiña 82 anos.
No ano 1836, casou con Elise Marie Boisen (1806-1837), quen morreu ao ano seguinte.[1] Volveu casar no 1841, con Sophie Henriette Glahn (1809-1881), coa que tería un fillo, Pascal Poul Egede Kierkegaard (1842-1915).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.