xeógrafo francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Pierre George, nado en París o 11 de outubro de 1909 e finado en Châtenay-Malabry o 11 de setembro de 2006, foi un xeógrafo francés. En 1980 foi elixido como membro da Académie des sciences morales et politiques, ocupando a cadeira do historiador Marcel Dunan.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1909 París, Francia |
Morte | 11 de setembro de 2006 (96 anos) Châtenay-Malabry, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | xeógrafo , Demógrafo |
Empregador | Instituto de Estudos Políticos de París Universidade de París Prytanée National Militaire (pt) |
Partido político | Partido Comunista Francés |
Membro de | |
Lingua | Lingua francesa e lingua rusa |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Serge Vassal (en) e Monique Bourin (pt) |
Familia | |
Fillos | François George (en) , Jean-Pierre George (en) |
Premios | |
Logo de graduarse, George obtivo primeiramente a agregaduría de historia e xeografía, ensinando no Prytanée national militaire da Flèche, no liceo de Montpellier, nos liceos "Charlemagne" de París e Lakanal de Sceaux. Defendeu a súa tese, sobre a rexión do Bas-Rhône (Baixo-Ródano), en 1934. Pasou de seguido á universidade, como mestre de conferencias en Lille (1946-1948), e logo na Sorbona (1948-1953). Pasou a ser profesor en 1953, continuando na Sorbona, onde impartíu aulas de Xeografía humana, até 1977. Desde 1973 a 1977, dirixiu o Institut de démographie da Universidade de París. Entre 1946 e 1978, ensinou tamén no Instituto de Estudos Políticos de París.
Pierre George deu clases, con frecuencia, tamén en universidades de diversos países: Tunes (1961, 1963, 1964), Salvador de Baía (1962), Buenos Aires e La Plata (1965, 1969), Valparaíso (1966), Montreal (1967), São Paulo (1968), Otava (1973, 1975), Toronto (1975), Caracas (1977) e México (1978, 1980, 1982, 1984).
Membro do Comité de vixilancia dos intelectuais antifascistas, George afiliouse ao Partido Comunista Francés en 1936. O seu interese pola Unión Soviética levouno a aprender ruso, a fin de informar para Bibliographie géographique internationale sobre artigos xeográficos publicados nese país. En 1947, publicou unha obra xeográfica acerca da Unión Soviética, que foi o primeiro libro importante en lingua francesa sobre o asunto. En 1951, no Institut national d'études démographiques, publicou unha Introduction à l'étude géographique de la population dans le monde (Introdución ao estudo xeográfico da poboación no mundo) que abriu unha longa colaboración con Alfred Sauvy e outros demógrafos.
Autor moi prolífico publicou en 1995 Le Temps des collines (O tempo dos outeiros) na edicións de La Table Ronde. Nas Presses universitaires de France o internacionalmente coñecido PUF, foi autor de numerosos libros da colección «Que sais-je ?». Dirixiu tamén un Dictionnaire de la Géographie (1970) (Dicionario de Xeografía). Os seus libros circularon en España en traducións, publicadas, polo xeral, na editorial Ariel; de entre elas cómpre destacar a súa "Geografía económica", que acadou numerosísimas edicións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.