Pléiades
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Pléiades («pombas» en grego), tamén coñecidas coma Obxecto Messier 45, M45, As Sete Irmás ou o Setestrelo, son un cúmulo estelar aberto visible a simple vista no ceo nocturno, cun prominente lugar na mitoloxía antiga, situado nun costado da constelación de Tauro. As Pléiades son un grupo de estrelas moi novas situadas a unha distancia aproximada de 440 anos luz da Terra, contidas nun espazo de trinta anos luz. Formáronse hai uns 100 millóns de anos aproximadamente, durante a era Mesozoica na Terra, a partir do colapso dunha nube de gas interestelar. As estrelas máis grandes e brillantes do cúmulo son de cor branquiazul e teñen un tamaño preto de cinco veces máis grande ca o Sol.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pléiades (homónimos).