Plataforma de xeo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha plataforma de xeo flotante (tamén chamada barreira de xeo) é unha grosa plataforma flotante costeira de xeo de grandes dimensións, que se forma cando un gran glaciar perde parte dunha capa de xeo, que se estende de vagariño desde a costa para flotar sobre a superficie do océano. Poden ter moitos quilómetros cadrados de extensión e de 100 a 1 000 m de grosor. As plataformas de xeo só se encontran na Antártida, Groenlandia, o Canadá e o Ártico ruso. As plataformas de xeo máis grandes do mundo son a barreira de xeo de Ross e a barreira de xeo de Filchner-Ronne na Antártida.
O bordo externo das plataformas de xeo flotantes presenta unha impresionante parede vertical, de decenas de metros de altura, o que levou aos primeiros exploradores do ártico a denominalas co nome Gran barreira.
A diferenza das plataformas de xeo, o xeo mariño (como a banquisa), é moito máis delgado (normalmente de menos de 3 m), e fórmase por todo o Ártico e tamén no Antártico, principalmente por conxelación da propia auga do mar.