Poética
From Wikipedia, the free encyclopedia
A poética é unha ciencia nomotética, que ten por obxecto de estudo as artes e, entre elas especialmente aínda que non exclusivamente, a literatura.
Para Igor Stravinskii, a poética é un estudo da obra que se vai realizar, é un facer da orde. Para Greimas, a poética designa o estudo da poesía como a teoría xeral das obras literarias (Greimas e Courtes, Semiótica, "Poética", Dicionario razoado da teoría da linguaxe, 309). Para Todorov, a poética é unha ciencia que estuda o discurso literario; apunta a unha reflexión científica sobre a literatura, situándose non no conxunto de feitos empíricos que determinan as obras literarias, senón no discurso literario. Todorov asume que a obra literaria é unha estrutura abstracta posible, na cal existen constantes discursivas que poden ser estudadas por un estudo científico.
Como disciplina propia do discurso literario, a poética ten un obxecto propio, a literatura, á cal diferenciará formalmente doutro tipo de discursos. Isto débese a que a linguaxe da literatura diferénciase das outras linguaxes porque está constituída por un código poético. Non obstante pódese apoiar nas outras ciencias na medida que a linguaxe forme parte do obxecto. Tales como as disciplinas que traten do discurso.
A poética, segundo Todorov, definirase necesariamente en dous extremos, dende o moi particular, ó demasiado xeral. Isto implica que unha xeneralización por medio do discurso, non debe ser inflexible, senón que debe aterse á descrición do específico e do singular (31). Isto significa que se debe teorizar máis ca apelar unha metodoloxía estrita. Como ciencia que se está facendo, a poética de Todorov é unha proposta para o estudo do discurso literario, polo tanto, apenas enuncia as bases da poética, para logo entrar na análise do texto literario.
Tamén se designa poética ó estudo dun autor que fai sobre as súas obras.