Pobo armenio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Os armenios (en armenio: Հայեր; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.[16]

Quick facts: Pobo armenio, Poboación, Armenia, Rusia, E...
Pobo armenio
Notable_Armenians_collage.png
Armenios
Poboación
Poboación total:
c  6[1] - 8 millóns[2]
Rexións principais:
Flag_of_Armenia.svg Armenia3 018 854[3]
Rusia Rusia1 182 388[4]–2 900 000[5]
Estados Unidos de América Estados Unidos1 000 366[6]–1 500 000[7]
Flag_of_France.svg Francia250 000[8]–750 000[9]
Xeorxia Xeorxia
*Flag_of_the_Republic_of_Abkhazia.svg Abkhazia
168 191[10]
41 864[11]
Flag_of_Artsakh.svg República de Artsakh146 573[12]
Líbano Líbano150 000[13]
Flag_of_Iran.svg Irán120 000[14]
Alemaña Alemaña90 000–110 000[15]
Aspectos culturais
LinguaArmenio
RelixiónCristianismo
Igrexa apostólica armenia · Igrexa católica armenia · Igrexa evanxélica armenia
Grupos
relacionados
Hemshin, cherkesogai,
Close

A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeo e Bertomeu.[17] A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.[18]

A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.