From Wikipedia, the free encyclopedia
Os bretóns[7] son un grupo étnico que habita na rexión histórica da Bretaña, en Francia. A súa orixe como pobo procede dos grupos de britónicos que emigraron dende o suroeste de Gran Bretaña, incluíndo Cornualla, para fuxir da invasión dos pobos xermánicos. Tamén descenden dos antigos galos e en menor medida dos viquingos. Emigraron en diversas ondas dende o século III até o IX (a maioría entre os anos 450 e 600) cara a Armórica, que foi chamada Bretaña por eles.[8]
Pobo bretón | |
---|---|
Une Jeune Bretonne, pintura de Roderic O'Conor. | |
Poboación | |
Poboación total: c 6-8 millóns | |
Rexións principais: | |
Bretaña | 3 120 288[1] |
Loira Atlántico | 1 246 798[2] |
Illa de Francia | 1 500 000[3] |
Le Havre | 70 000[4] |
Quebec | 14 290[5] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Bretón, galó e francés |
Relixión | Catolicismo |
Grupos relacionados | Celtas: Britónicos (córnicos, galeses), Gaélicos (irlandeses, manx, escoceses)[6] |
A lingua tradicional deste pobo é o bretón (brezhoneg), falado na Baixa Bretaña (a parte máis occidental da península). Hoxe, o bretón é falado por menos de 200 000 persoas.[9] A outra lingua propia dos bretóns é o galó, unha lingua que só se fala Alta Bretaña, onde o bretón é menos dominante. Como unha das linguas britónicas, o bretón está estreitamente relacionado co córnico e máis forma máis distante co galés, mentres que o galó é unha lingua de oïl románica. No presente, a lingua nativa da maioría dos bretóns é o francés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.