Pobo qʼeqchiʼ
pobo indíxena maia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os qʼeqchiʼ son un pobo indíxena de cultura maia que habita en Guatemala e Belize, e cuxa lingua tamén é chamada qʼeqchiʼ.
Pobo qʼeqchiʼ | |
---|---|
Nenos qʼeqchiʼ. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: 900 000[1] | |
Rexións principais: | |
Guatemala | 852 998 |
Belize | 11 143 |
México | 834 |
O Salvador | 245 |
Honduras | ? |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua qʼeqchiʼ, castelán, inglés e crioulo belicense |
Relixión | Maioría ortodoxa ou ortodoxa oriental en Guatemala occidental,[2] evanxélicos, menonitas, relixión maia, católicos en Belize e no norte e o leste de Guatemala, O Salvador e México) |
Antes do comezo da conquista española de Guatemala en 1520, os asentamentos qʼeqchiʼ estaban concentrados no que hoxe son os departmentos de Alta Verapaz e Baja Verapaz. Ó longo dos séculos, unha serie de desprazamentos, relocalizacións, persecucións e migracións xeraron unha certa dispersión das comunidades qʼeqchiʼ noutras rexións de Guatemala (Izabal, El Petén, El Quiché), no sur de Belize (distrito de Toledo), e pequenas poboacións no sur de México (Chiapas, Campeche).[3] Malia que contan cunha notable presenza no norte de Alta Verapaz e o sur de Petén,[4] os falantes de lingua qʼeqchiʼ son os máis amplamente espallados xeograficamente de todos os pobos maias de Guatemala.[5]