From Wikipedia, the free encyclopedia
Os romaneses[16] (en romanés: români) son un grupo étnico que habita principalmente en Romanía que comparte unha cultura, uns devanceiros e unha lingua común, a lingua romanesa. Autores importantes consideran que os moldovos tamén son romaneses, o cal os convertería en predominantes tamén en Moldavia.[17][18] Os romaneses forman minorías étnicas en diversos países veciños.
Pobo romanés | |
---|---|
Romaneses de Transilvania, 1872. | |
Poboación | |
Poboación total: c 24 000 000[1][2][3] | |
Rexións principais: | |
Romanía | 16 792 868 (2011)[4] |
Moldavia | 73 276 (2004)[5] |
Italia | 1 151 395[6] |
España | 752 268[7] |
Alemaña | 452 718[8][9][10] |
Estados Unidos | 459 810[11] |
Israel | 205 600[12][13] |
Canadá | 204 625[14] |
Francia | 200 000[15] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua romanesa |
Relixión | Igrexa ortodoxa (Igrexa ortodoxa romanesa) |
Grupos relacionados | Valacos, moldovos, arromaneses, meglenorromaneses e istriorromaneses |
Os romaneses son unha nación no sentido de ethnos (en romanés, neam); é dicir, a nación defínese máis polo sentido de pertenza a unha cultura romanesa común, a un mesmo grupo humano e a unha comunidade que fala romanés como lingua materna que non pola cidadanía ou polo feito de vivir nun país en concreto. A lei de cidadanía romanesa,[19] promulgada en marzo do ano 1991, estabelece que a segunda e a terceira xeración que descende de romaneses teñen dereito a obter a cidadanía romanesa se falan un romanés fluído e demostran un coñecemento suficiente da historia e a cultura romanesas. Arredor do mundo, uns vinte e catro millóns de persoas teñen o romanés como lingua nai.[20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.