Poetas bélicos soviéticos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Poetas da fronte[1] (en ruso Поэты-фронтовики, poetii frontoviki), poetas combatentes ou poetas bélicos soviéticos é un termo xeneralizado aplicado aos mozos poetas soviéticos que pasaron a súa mocidade nas batallas da Segunda guerra mundial e cuxos poemas reflicten ben a atmosfera da fronte; entre eles Arseny Tarkovsky, Alexander Tvardovsky ou Ilya Erenburg.[2]
Algúns morreron na fronte, outros viviron máis tempo, pero moitos, como predixo nun dos seus poemas Semyon Gudzenko, non morreron de vellez:[3]
“ | Мы не от старости умрём от старых ран умрём. | ” |
As poetas rusas Olga Bergholz e Iulia Drúnina pertencen á xeración dos poetas da fronte e tamén escribiron poemas bélicos, a primeira moi activa durante o Sitio de Leningrado e a segunda fixo referencia na poesía á súa experiencia como médico militar en combate.[4][5]