From Wikipedia, the free encyclopedia
A Policía Foral de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Foruzaingoa) é a policía autonómica de Navarra. É un corpo de seguridade creado pola Deputación Foral de Navarra en 1929, inicialmente co nome de Corpo de Policía de Estradas (Cuerpo de Policía de Carreteras).
Policía Foral de Navarra | |
---|---|
Tipo | Policía autonómica |
Data de fundación | 30 de outubro de 1928 |
Organización matriz | Goberno de Navarra |
País | España |
Na rede | |
https://www.navarra.es/home_es/Temas/Seguridad | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trocou o seu nome polo de Policía Foral en 1964. Inicialmente dedicábase soamente ó control do tráfico de vehículos polas estradas de Navarra (cuxa construción ten sido sempre competencia da súa deputación, en razón do especial réxime de autonomía administrativa ou "réxime foral" do que goza esta provincia), pero posteriormente, e sobre todo dende 1982, ten diversificado as súas funcións.
Actualmente ten uns 700 membros para atender unha poboación de 595.000 habitantes. Atópase en pleno proceso de desenvolvemento, estando previsto coas oposicións en curso que acade os 900 membros a finais de 2007.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.