Política do Xapón
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Xapón ten un sistema político democrático e pluripartidario. Todos os cidadáns adultos teñen o dereito ao voto e a concorreren nas eleccións nacionais e locais. Hai seis grandes partidos políticos. O máis forte deles, o Partido Liberal Demócrata, está no poder desde 1955.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
O Xapón ten un réxime monárquico. Consonte coa constitución xaponesa, o emperador é o símbolo do Estado e da unidade do pobo. El non posúe poderes relacionados ao Goberno.
A monarquía xaponesa é a máis antiga monarquía ininterrompida do mundo. O actual emperador, Akihito, subiu ao trono en 1989. El e maila súa esposa, a emperatriz Michiko, teñen tres fillos. O emperador e demais membros da familia imperial viven no Palacio Imperial de Toquio.