Portal:Ópera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Artigo destacado
Schachnovelle é unha ópera nun acto composta entre 2010 e 2012 por Cristóbal Halffter con libreto en alemán de Wolfgang Haendeler, baseado na novela homónima de Stefan Zweig. A obra, terceira ópera do compositor español, foi un encargo do Theater Kiel e a Ernst von Siemens Musikstiftung, e foi representada por primeira vez na Opernhaus de Kiel (Alemaña) o 18 de maio de 2013. O compositor adicoulle a ópera ao seu fillo Pedro.
A obra está encadrada no grupo de óperas de Halffter denominado ás veces como Kieler Trilogie (Triloxía de Kiel), xunto ás dúas primeiras óperas do compositor madrileño: Don Quijote e Lázaro. As tres obras de Halffter teñen como denominador común as súas representacións na ópera da cidade alemá. Se ben Don Quijote foi estreada no Teatro Real de Madrid e recuperada para o teatro alemán, Lázaro e Schachnovelle foron estreadas na Opernhaus Kiel. A ópera ten unha duración aproximada de 115 minutos Imaxe destacada
Este mes
Categorías
Biografía destacada
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. O seu inmenso legado musical, síntese dos estilos alemán, italiano, francés e inglés da primeira metade do século XVIII, inclúe obras de practicamente todos os xéneros da súa época, onde as súas 43 óperas, 26 oratorios e o seu legado coral son o máis sobresaliente e importante da súa produción musical. Cita destacada
Son destacado
Sabías que...
Artigos de calidade e bos
editar Artigos de calidade (19)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|