Os celtas son un conxunto de pobos indoeuropeos de Europa identificados polo uso das linguas celtas e outras semellanzas culturais. A historia da Europa precelta e a relación exacta entre os diferentes grupos étnicos, lingüísticos e culturais dentro do espazo celta é tema de debate e controversia. Por outra banda, o alcance xeográfico dos antigos celtas tamén está en disputa; particularmente, se os habitantes da Idade de Ferro de Gran Bretaña e Irlanda deberían ser considerados ou non como celtas. Segundo unha teoría, a orixe común das linguas celtas, a lingua protocelta, xurdiu na cultura dos Campos de Urnas a finais da Idade de Bronce en Europa central, a cal floreceu arredor do ano -1200.
De acordo con outra teoría proposta no século XIX, o primeiro pobo en amosar características culturais consideradas como celtas foi o pobo da cultura de Hallstatt da Idade de Ferro, en Europa central (c. -800 e -450), chamada así polos ricos achados de tumas en Hallstatt, Austria. É por iso que ás veces a zona é coñecida como a "patria celta". Durante o período de La Tène (c. -450 BC até a conquista romana), chamado así polo sitio arqueolóxico de La Tène, en Suíza, esta cultura celta supostamente expandiuse por difusión transcultural ou migración até as Illas Británicas (celtas insulares), Francia e os Países Baixos (galos), Bohemia, Polonia e gran parte de Europa central, a Península Ibérica (celtiberos, célticos, lusitanos e galaicos) e o norte de Italia (cultura de Golasecca e galos cisalpinos) e, posteriormente o asentamento celta en Europa oriental que comezou no ano -279, chegando ao leste até Anatolia central (gálatas) na actual Turquía.
Artigo destacado
editar
A historia da guerra celta esténdese dende a Idade de Ferro ata era romana e refírese ós diferentes estilos de guerra dos pobos celtas insulares e continentais ( Galia, Iberia e Galacia). As tribos celtas loitaban entre elas e ás veces aliábanse contra inimigos comúns, coma os romanos, os gregos e outros pobos en contra das tribos celtas. O militarismo tribal semella ter sido unha característica normal nas sociedades celtas. Mentres que a literatura épica retrátao como unha actividade dirixida ó deporte e á caza, no canto da conquista territorial organizada, o rexistro histórico fai supoñer que as tribos empregaban a guerra para exercer control político e perseguir adversarios, para obter vantaxe económica, e nalgúns casos, para conquistar territorio.
A arqueoloxía proporcionou moita información mediante a observación e estudo da cultura material dos celtas, pero o significado deses achados na determinación de como loitaban realmente os celtas é suxeito de moita especulación. Unha das cousas que se deduciron foi que eran cazadores de cabezas, xa que crían que a cabeza era o lugar onde residía a alma das persoas. Os romanos e gregos rexistraron os hábitos dos celtas de chantar as cabezas dos inimigos nos muros e penduralas dos cabalos. A caza de cabezas practicouse durante ben tempo polos gaels, polo que puido tratarse dunha práctica tradicional máis que relixiosa. No Ciclo do Ulster, Cúchulainn decapita ós tres fillos de Nechtan e monta as cabezas no seu carro. A práctica continuou aproximadamente ata a fin da Idade Media en Irlanda e Gran Bretaña. A motivación relixiosa para recoller cabezas perdeuse despois de que os celtas se convertesen ó cristianismo. As cabezas tamén eran recollidas entre as tribos xermánicas e entre os iberos, pero o seu propósito é descoñecido
Lugar de interese
editar
A Galia ( Gallia en latín) é o conxunto de territorios ocupados polos galos, pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais Francia, Bélxica e parte de Suíza, así como terras dos actuais Países Baixos e Alemaña situadas ao oeste do río Rin. A palabra galo refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban celtas a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando galos aos franceses, e de feito Gallia é o nome de Francia en grego moderno.
Na Galia Central vivían os celtas que eran, con moito, os máis importantes poboadores da Galia, tanto en número como en extensión territorial. Non formaban unha nación en conxunto, nin tiñan xefe común. Hábiles loitadores, mellores metalúrxicos e ourives, só tiñan un elemento que os unía e ese era a relixión. Esta desunión era decote aproveitada polos seus veciños, as tribos xermánicas, e foi o elemento esencial para a súa conquista polos romanos.
Os galos estendéronse por toda Europa en tempos romanos, falando unhas linguas celtas que diverxeran en dous grupos. Ademais dos galos da actual Francia, outros estabelecéranse entre os séculos IV e III a.C. nas chairas do norte de Italia, na provincia que os romanos coñecían como Galia Cisalpina, ("Galos deste lado dos Alpes") Venetia e Istria.
Artigos de calidade (2)
Artigos bos (0)
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Boadicea, tamén coñecida como Boudica ou en galés como Buddug, foi raíña da tribo dos icenos, en Britania, unha tribo celta que liderou a rebelión conta as forzas do Imperio Romano.
O home de Boudica, Prasutagus, gobernante dos icenos, gobernou como un aliado independente de Roma, deixando o seu reino ás súas fillas e ó emperador romano no seu testamento; porén, cando morreu, o seu testamento foi ignorado e o seu reino foi anexionado, Boadicea foi azoutada e as súas fillas foron violadas.
No ano 60 ou 61, mentres o gobernador romano, Caio Suetonio Paulino, estaba liderando unha campaña na illa de Anglesey na costa noroeste de Gales, Boadicea revelou ós icenos, ós trinovantes e a outras tribos contra o imperio.
Sabías que...?
- ...Arquivo
Portais relacionados
editar
Outros portais sobre celtas
|
| |