Porto de Almería
From Wikipedia, the free encyclopedia
O porto de Almería é un porto situado na cidade de Almería, no golfo de Almería, na costa mediterránea de Andalucía.
Ten liñas a Melilla, Alxeria e Marrocos, sendo tamén escala de cruceros turísticos polo Mediterráneo. Así mesmo posúe tamén un porto deportivo onde se pode ter un amarre para embarcacións de recreo privadas. Dispón dun peirao pesqueiro e unha zona de mercancías que están sendo ampliados sucesivamente desde mediados de 1990.