Potencia
cantidade de traballo efectuado por unidade de tempo / From Wikipedia, the free encyclopedia
En Física, potencia (de símbolo P[1]) é a cantidade de traballo efectuado por unidade de tempo. Isto é equivalente á velocidade de cambio de enerxía nun sistema ou á rapidez en realizar un traballo, segundo queda definido por:
- ,
onde:
- P é a potencia
- E é a enerxía ou traballo
- t é o tempo.
A potencia pódese considerar en función da intensidade e a superficie:
P = I · S
- P é a potencia realizada
- I é a intensidade
- S é a superficie
A unidade de potencia no Sistema internacional (SI) é o watt, o cal é equivalente a un joule por segundo.
Fóra do SI tamén se utilizan o Cabalo de Vapor (CV) equivalente a 736 W ou o Horse Power (HP) que son aproximadamente 746 W