From Wikipedia, the free encyclopedia
Pródico de Ceos (en grego Πρόδικος "Pródikos", aprox. 465 - 415 AEC) foi un filósofo grego do primeiro período do movemento sofista[1], coñecido como o "precursor de Sócrates".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 460 a. C. Iulis, Grecia (en) |
Morte | c. 380 a. C. (79/80 anos) Atenas, Grecia |
Embaixador | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Iulis (en) |
Relixión | Ateísmo |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo , diplomático |
Movemento | Sofista e Presocráticos |
Alumnos | Xenofonte de Atenas, Terámenes e Isócrates de Atenas |
Lingua | Grego antigo |
Pouco se sabe da súa orixe, excepto que parece que naceu en Iulis, na illa exea de Ceos (unha das Cícladas, entre o 460 e o 470 AEC. Foi a Atenas como embaixador de Ceos, e deuse a coñecer como orador e profesor. Do mesmo modo que Protágoras, intentaba treinar os seus pupilos para asuntos domésticos e civís; mais mentres Protágoras focalizaba o seu ensino principalmente en disciplinas como retórica e estilo, Pródico facía da ética a disciplina preeminente no seu currículo xunto coa lingüística. Daba especial énfase (coincidindo con Confucio) na corrección dos nomes ou orthoepeia (en grego ὀρϑοέπεια). Parece que era unha brincadeira común na época a referencia aos prezos das súas ensinanzas e á diferenza entre o curso dun dracma e o de cincuenta dracmas. No Cratilo, Sócrates di que se se puidese ter permitido o curso de cincuenta dracmas sería un experto na "corrección dos nomes". Pese a este comentario, Sócrates foi moi influenciado por Pródico e pola súa teoría da corrección.[2] E en ética era un pesimista, que dispensaba os seus deberes civís a despeito dun físico fráxil, enfatizaba as dores da vida e avogaba, con todo, non por unha resignación sen esperanza, senón, antes diso, pola cura encontrada no traballo, tomando como modelo a Heracles - a incorporación da actividade viril.
Aristófanes, na obra de teatro As nubes, considérao un experto en astronomía, e en As aves conta que compuxo unha Cosmogonía. Segundo Sexto Empírico (Mat. 9, 18), Pródico ensinaba que:
Esta visión a respecto da orixe da crenza nos deuses era notabelmente moderna, após este estadio inicial, defendía que os homes que tiñan realizado proezas e servizos para a humanidade eran deificados. Estabeleceu así a base para unha teoría naturista da relixión da interpretación dos mitos segundo o evemerismo; tamén afirmaba que a alma humana é resultado da organización. O punto de vista de Prodico, como o dos seus compañeiros sofistas, era humanístico, e interpretou a relixión no marco do naturalismo.[3] Tanto el como Diágoras de Melos e algúns outros foron considerados ateos.
Da súa filosofía natural sábese apenas o título dos seus tratados Da Natureza e Da Natureza do Home. O seu interese principal era buscar a precisión no uso das palabras. Dise que Theramenes, Eurípedes e Isócrates foran discípulos de Pródico. Polos seus sucesores inmediatos foi estimado de modos variados: Platón, por exemplo, satirizao nos seus primeiros diálogos. Parte do contido, se non as propias palabras, dun dos seus discursos retóricos conservase. O discurso era aparentemente unha fábula relatandoa educación de Heracles pola virtude. O texto encóntrase na "Memorabilia" de Xenofonte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.