Praslin é a segunda illa en tamaño de Seychelles (38 km²). Está situada a 44 km ao nordeste de Mahé. A súa poboación rolda ao redor das 6.500 persoas e ten dúas distritos administrativos (Baie Sainte Anne e Grand' Anse (Praslin). Os seus asentamentos principais son Baie Ste Anne, Anse Volbert e Grand Anse.

Máis información Vista da illa, Datos ...
Praslin, Seychelles
Vista da illa
Datos
Capital
PaísSeychelles
LocalizaciónOcéano Índico
ArquipélagoSeychelles
Linguas
Poboación (2007)6.500 hab.
Superficie38 km²
Densidade
Coordenadas4°19′S 55°44′L
Maior Altura384 m
Localización
Localización da illa
Pechar

Foi chamada "Isle de Palmes" polo explorador Lazare Picault en 1744. Durante un tempo foi utilizado como agocho polos piratas e os comerciantes árabes. En 1768 foi renombrada como Praslin en honra do diplomático francés César Gabriel de Choiseul, duque de Praslin.

Praslin coñécese como destino turístico, con moitas praias e hoteis. Tamén ten bosques tropicais, con paxaros como o Bulbul de Seychelles e o seu endémico papagaio negro. A fermosa Reserva Natural Val de Mai (Valée de Mai Nature Preserve) patrimonio da humanidade, é coñecida polo "Coco de Mer" ou Coco Dobre e as orquídeas de vainilla. Dise que o xeneral Charles George Gordon de Khartoum (1833-1885) estaba convencido de que o Val de Mai era o "xardín do Eden".

En Praslin atópase o Aeroporto da illa de Praslin. As illas circundantes son Curieuse, La Digue, Cousin, Cousine e Aride. Ten tamén algúns illotes próximos como Round Island (0'193 km²) e Chauve Souris (0.007 km²) ambos con hoteis.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.