Praza de Mazarelos
praza en Santiago de Compostela / From Wikipedia, the free encyclopedia
A praza de Mazarelos, coñecida en séculos pasados como praza das Mazarelas,[1] e outrora praza do Instituto, por estar alí situado durante moitos anos o Instituto Arcebispo Xelmírez,[2] é unha praza da cidade de Santiago de Compostela.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mazarelos.
É unha praza de tamaño «considerábel», como sinalou o profesor Celestino García Braña,[3] e nela encóntrase a porta ou arco de Mazarelos, que antigamente permitía entrar en Santiago de Compostela aos viaxeiros procedentes de Ourense.[4] Esta é a única das portas da muralla de Santiago de Compostela que chegou até o século XXI,[5] xa que o resto da mesma foi derrubado entre os séculos XVIII e XIX.[6]