certame literario From Wikipedia, the free encyclopedia
O premio Antón Risco de literatura fantástica, cuxa 1ª edición se fallou o 10 de decembro de 2015[1], distingue con 3.000 euros e a publicación do libro un texto inédito escrito en lingua galega ou portuguesa cuxa temática xire ao redor do xénero da literatura fantástica; así mesmo, serve como unha forma de posta en valor da figura do escritor allarizao Antón Risco. Está organizado por Urco editora, en colaboración con Sacauntos Cooperativa Gráfica ou a Fundación Vicente Risco, entre outros[2].
O 11 de febreiro de 2017 deuse a coñecer o fallo da segunda edición[3], mentres que a terceira foi convocada o 20 de xullo de 2017[4].
Edición | Ano | Gañador | Obra | Outras mencións |
---|---|---|---|---|
Primeira | 2015 | Antonio Manuel Fraga | Querido H.P.L. | A obra Peixe Babel de Carlos Quiroga foi a outra finalista. |
Segunda | 2016 | Fausta Cardoso Pereira | Dormir com Lisboa | As obras O neno que soñaba coa Lúa e mais Penumbra foron finalistas. |
Terceira | 2017 | Luis Rodríguez Rivera | Os mouros do Pico Sacro | A obra Sopas New Campbell foi finalista. |
Cuarta | 2018 | Rui Sota | Sentado à sombra das peças do tabuleiro de xadrez | . |
Quinta | 2019 | Deserto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.