Premio Nacional de Tradución de España
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Nacional á Mellor Tradución, de España, é un premio literario que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España. Premia a mellor tradución feita en calquera das linguas españolas entre tódalas obras publicadas no Estado no ano anterior.[1] O premio está convocado desde 1984, e é continuación do premio de tradución Fray Luis de León, que se creara en 1956.
Canda o Premio Nacional á Obra dun Tradutor, outorgado á traxectoria dun tradutor e non a unha obra concreta, trátase do premio de maior prestixio e dotación (en 2020, unha remuneración de 20.000 €) a nivel estatal no ámbito da tradución literaria.