Premio Nobel de Física
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Nobel de Física (un dos Premios Nobel) é unha condecoración creada pola Fundación Nobel, de gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento. É un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia, a eminentes investigadores que salienten na produción de coñecementos innovadores no eido da física. A medalla e o diploma da fundación son oficialmente entregadas polo rei de Suecia, o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio. Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[1]
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
Premio Nobel de Física | |
---|---|
Tipo | premio de física e premio científico |
Data de fundación | 1901 |
Nomeado en referencia a | Alfred Nobel |
País | Suecia |
Na rede | |
http://nobelprize.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar