Premio Trasalba
galardón outorgado pola Fundación Otero Pedrayo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Premio Trasalba é un galardón anual de carácter honorífico. Recoñece o labor cultural e galeguista de distintos persoeiros vivos ou moi recentemente falecidos). Promovido pola Fundación Otero Pedrayo, entrégase ininterrompidamente dende 1983 na casa-museo do escritor en Trasalba (Amoeiro).